martes, 25 de febrero de 2014

VISITA Á POLICIA LOCAL

Na mañá do pasado mércores, os nosos alumnos de cuarto de primaria participaron nunha interesante saída á Policia Local de Ourense. Esta visita contou coa colobaración de dita institución e do Excmo. Concello de Ourense.


Gracias á colaboración do intendente da policia local, os nosos nenos puideron ver por dentro as dependencias policiais, visitando a zona de control de tráfico, a sala de tiro e o salón de multiusos, onde o noso privilexiado guía nos deu unha charla sobre educación vial.


O que se pretende con estas visitas é que os nosos alumnos se adentren na sociedade na que viven, coñecendo de preto as insititucións que os rodean e familiarizándose con elas. Un exemplo máis da adquisición de competencias básicas como a son a interacción co mundo físico ou a social e cidadá entre outras.

sábado, 15 de febrero de 2014

NEOLÍTICO: DE NÓMADAS A SEDENTARIOS

O pasado mércores, os nosos alumnos de 4º de primaria, grazas a colaboración do Excmo. Concello de Ourense e a fundación La Caixa, puideron disfrutar da exposición sita na alameda de Ourense sobre  a evolución dos seres humanos dentro do periodo neolítico.



Esta iniciativa, xunto con outras que se levan a cabo ó longo de todo o curso, fan que os rapaces se acheguen ós contidos propostos dunha maneira diferente á que están acostumados. Esto, xunto coas explicacións na aula por parte do profesor, fan que o proceso de aprendizaxe por parte dos nosos nenos sexa o máis completo posible.


Ademais, estas visitas favorecen o respecto e o compañeirismo entre os alumnos a través da formulación de preguntas e debates na aula sobre o que viron baixo a supervisión do profesor.


jueves, 6 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ

Co gallo da celebración do día da Paz o pasado 30 de Xaneiro, os alumnos de educación infantil e primaria realizaron unha representación do símbolo da Paz no patio do colexio, unha mostra máis de que a educación en valores debe estar sempre presente na formación dos nosos nenos.