viernes, 19 de diciembre de 2014

Bo Nadal

Desde a clase de 4º de Primaria desexámovos que pasedes unhas boas festas rodeados dos vosos e que tanto o Papa Noel coma os Reis Magos veñan cargados de sorpresas e agasallos.

Hábitos saudables en Educación Física

Os hábitos saudables axúdannos a coidar  a nosa saúde.

Os alumnos de 4º practican deporte para obter os seguintes beneficios:
  • Fortalecer os seus músculos
  • Facerse mais áxiles
  • Aumentar a súa resistencia física
  • Facilitar as relacións cos demais.





lunes, 15 de diciembre de 2014

lunes, 1 de diciembre de 2014

Exámenes de diciembre

Lunes       1.......................Coñecemento do Medio
Venres     5.......................Lengua Castelá
Martes      9.......................Inglés
Miércoles 10.....................Lingua Galega 
Jueves     11......................Matemáticas e Relixión

Entrega de resultados día 17 a partir das 10h.

jueves, 20 de noviembre de 2014

VISITA Á AULA DA NATUREZA

Os alumnos de 4º de Primaria participaron o día 20 de novembro na actividade ´´Os nosos amigos os lobos``, gracias á colaboración da Concellería de Educación do Excmo. Concello de Ourense.

Estas visitas pretenden familiarizar os nenos/as coa flora e fauna do medio que os rodea, e así afianzar os contidos que se traballan co mestre na aula.



jueves, 30 de octubre de 2014

miércoles, 22 de octubre de 2014

Pirámide de los alimentos sanos

Loa alumnos de 4º practican deporte y se conciencian de la importancia de una alimentación saludable.

viernes, 17 de octubre de 2014

Controles de octubre

Lunes 20.......................Lengua Castellana (Temas 1,2 y 3)
Martes 21......................Inglés
Miércoles 22.................Lingua Galega (Temas 1,2 y 3)
Jueves 23......................Matemáticas (Temas 1,2 y 3)
Viernes 24....................Coñecemento do medio

Entrega de resultados día 29 a partir de las 10h.

viernes, 26 de septiembre de 2014

OS ALUMNOS DE 4º HOMENAXEAN Ó PADRE FEIJOO

HARRY

ALBERTO

JUAN ALBERTO

PAQUITO

SARAI

MARIA JOSE

RUBEN

JOEL

MATIAS

REBECA

UXÍA

BRUNO

JUAN

ALEJANDRA

LUIS

ALICIA

SILVIA

INTI

JEIVERSON

JENNIFER

MARCOS

ANABELLA

IBRAHIMA

jueves, 25 de septiembre de 2014

HOMENAXE AO PADRE FEIJOO

Os alumnos de 4º de Primaria conmemoran o 250 aniversario do finamento de Benito Jerónimo Feijoo.


DATAS DOS CONTROIS ESCRITOS

1º TRIMESTRE


OUTUBRO: do 20 ao 24 e a revisión dos resultados o día 29 de outubro ás 10 horas.

DECEMBRO: do 9 ao 12 e a revisión dos resultados e a entrega de Notas Trimestrais o día 17 de decembro ás 10 horas.

Lembrámoslle que o día 31 de outubro é día non lectivo xa que foi declarado coma "Día do Ensino" pola Xunta de Galicia.
As clases do 1º trimestre rematan o 19 de decembro do 2014. O segundo trimestre comeza o día 8 de xaneiro do 2015.

lunes, 16 de junio de 2014

3ª AVALIACIÓN-XUÑO 2014

XUÑO 2014

  • Xoves 12 Lingua Castelá
  • Luns 16 Lingua Galega
  • Martes 17 Matemáticas
  • Mércores 18 Inglés

A entrega de notas terá lugar o Luns 23 de Xuño ás 10:00.

viernes, 25 de abril de 2014

I FESTIVAL DO DÍA DO LIBRO

Co gallo do día do libro celebrado esta semana , o noso colexio elaborou un programa cheo de actividades nas que os alumnos foron partícipes das mesmas.

Programa de actividades:


Para máis información podes consultar o blog do evento:

                                www.festivaldellibropadrefeijoozorelle.blogspot.com.es






Os alumnos de cuarto de Primaria elaboraron,
entre outras cousas, uns marca páxinas como
podedes ver a continuación:


A finalidade é achegar os rapaces ó mundo da lectura.

                                                                           

                       

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA: PARADA DO SIL

O venres 11 de Abril os nosos alumnos de 3º e 4º de Primaria puideron gozar dun dos sitios máis fermosos da Galicia interior , como é a Ribeira Sacra.



O itinirario comezou pola mañá coa visita ó mosteiro de Sta. Cristina, no que destaca a capela románica que se atopa ó seu carón. Durante a andaina ata o mesmo, os alumnos gozaron das fermosas paisaxes que atesoura este lugar e puideron observar a beleza do canón do Sil. A continuación, dirixímonos ó mirador de Os  Torgás, onde se atopa o Pozo do Lobo, o cal representa a loita ancestral que mantiñan a especie humana e o lobo.




Despois dunha mañá moi axetreada, os nenos repuxeron forzas xantando nun albergue a carón do río Mao.

Xa pola tarde, fixemos unha marcha a carón do río Mao, na que 1,4 dos seus 3,15 Km.,  fanse por riba dunha pasarela de madeira. Nela pódense apreciar grandes rocas totalmente cubertas de musgo, árbores de tonos laranxas, marróns e verdes escuros, tamén totalmente cubertos polo musgo, e impoñentes desfiladoiros de forte pendente e de gran altura nalgúns puntos. Ao rematar, emprendemos o regreso ó colexio.

VISITA Á POLICÍA NACIONAL

Os nosos alumnos de 4º de Primaria visitaron as dependencias da Comisaría Nacional de Policía o pasado 6 de marzo, onde puideron comprobar in situ o funcionamento da mesma así coma a labor que desempeñan os axentes de policía.


sábado, 1 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

Un ano máis o entroido chegou ó noso centro cheo de color e ledicia. Na tarde de onte, os alumnos de primaria foron os encargados de dar o inicio a esta festa tan popular na provincia.



Os nosos alumnos de cuarto de primaria non foron menos e vestíronse dos seus personaxes preferidos, dos animais que máis lle gustan ou de calquera cousa que se le ocurrise deixando voar a súa imaxinación.

A continuación, no seguinte vídeo poderedes observar o desfile dos nosos rapaces na tarde de onte.


martes, 25 de febrero de 2014

VISITA Á POLICIA LOCAL

Na mañá do pasado mércores, os nosos alumnos de cuarto de primaria participaron nunha interesante saída á Policia Local de Ourense. Esta visita contou coa colobaración de dita institución e do Excmo. Concello de Ourense.


Gracias á colaboración do intendente da policia local, os nosos nenos puideron ver por dentro as dependencias policiais, visitando a zona de control de tráfico, a sala de tiro e o salón de multiusos, onde o noso privilexiado guía nos deu unha charla sobre educación vial.


O que se pretende con estas visitas é que os nosos alumnos se adentren na sociedade na que viven, coñecendo de preto as insititucións que os rodean e familiarizándose con elas. Un exemplo máis da adquisición de competencias básicas como a son a interacción co mundo físico ou a social e cidadá entre outras.

sábado, 15 de febrero de 2014

NEOLÍTICO: DE NÓMADAS A SEDENTARIOS

O pasado mércores, os nosos alumnos de 4º de primaria, grazas a colaboración do Excmo. Concello de Ourense e a fundación La Caixa, puideron disfrutar da exposición sita na alameda de Ourense sobre  a evolución dos seres humanos dentro do periodo neolítico.



Esta iniciativa, xunto con outras que se levan a cabo ó longo de todo o curso, fan que os rapaces se acheguen ós contidos propostos dunha maneira diferente á que están acostumados. Esto, xunto coas explicacións na aula por parte do profesor, fan que o proceso de aprendizaxe por parte dos nosos nenos sexa o máis completo posible.


Ademais, estas visitas favorecen o respecto e o compañeirismo entre os alumnos a través da formulación de preguntas e debates na aula sobre o que viron baixo a supervisión do profesor.