sábado, 19 de diciembre de 2015

NADAL 2015

Os alumnos de 4º de Primaria festexaron ó longo desta semana, o comezo das vacacións de nadal. No meu nome, como titor deste curso, deséxovos a alumnos e pais unhas felices festas e un ano novo cheo de felicidade e saúde.



jueves, 26 de noviembre de 2015

ANIVERSARIO LUCÍA


No día de onte, os alumnos de 4º de Primaria festexaron o aniversario de Lucía. Moitas felicidades e feliz día!!!


miércoles, 11 de noviembre de 2015

MAGOSTO 15

Co gallo da festividade dos magostos, os alumnos de cuarto de primaria realizaron unha serie de actividades relacionadas con esta festa. Na seguinte imaxe podedes ver algunha delas. Ademais tamén celebramos o aniversario de Manuel. Parabéns!!



jueves, 29 de octubre de 2015

SAMAÍN 2015

Os alumnos de 4º de primaria festexaron esta semana o Samaín. A continuación amósanse algunhas fotos do evento.



martes, 20 de octubre de 2015

EXAMES PARCIAIS 1º TRIMESTRE CURSO 15/16

A continuación, poden atopar as datas dos controis de outubro, correspondentes ó primeiro trimestre:


  • Lingua galega: Xoves 22 
  • Lingua castelá: Venres 23 
  • Sociais: Luns 26 
  • Inglés: Martes 27 
  • Naturais: Mércores 28 
  • Matemáticas: Xoves 29

sábado, 25 de abril de 2015

II FESTIVAL DO LIBRO

Ó longo de toda esta semana que vimos de rematar, tivo lugar no noso centro a II edición do festival do libro. A través deste evento, preténdese fomentar nos nen@s o gusto pola lectura e a literatura. 

Dentro dos moitos eventos nos que participaron os nosos alumnos, tiveron a oportunidade de escribir un libro, titulado El Libro de los Sueños. Outra das actividades que realizaron foi a creación de marcapáxinas individualizados os cales, ben seguro despois deste festival, utilizarán a cotío nas súas casas.

A continuación deixámosvos algunhas imaxes destes días e o enlace á páxina oficial do festival na que poderendes atopar máis información relacionada co evento.

http://2festivaldellibropadrefeijoozorelle.blogspot.com.es/





martes, 17 de marzo de 2015

O DEPORTE PROFESIONAL

Durante o día de hoxe, os alumnos de 3º e 4º de Primaria recibiron a visita de dous adestradores do Pavillón dos Remedios, cos cales se puideron achegar un pouco ao deporte de élite a través de exercicios cos que practicar distintas habilidades: reflexos, coordinación, equilibrio.

A continuación podendes observar varias imaxes desta actividade.








martes, 10 de marzo de 2015

CONTROLES MARZO 2015

A continuación deixamos a súa disposición as datas dos controis que se realizarán no mes de marzo:


  • Xoves 12 de marzo: L. castelá
  • Venres 13 de marzo: Coñecemento do Medio
  • Luns 16 de marzo: L. galega
  • Martes 17 de marzo: Inglés
  • Xoves 19 de marzo: Matemáticas

A entrega das notas será o mércores 25 de marzo a partires das 10 da mañá.

As vacacións de Semana Santa serán do 28 ao 6 de abril, ámbolos dous incluídos.

* Nota: Lembrámoslle que o mércores 18 de marzo faremos unha visita á policia local de Ourense

viernes, 13 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015

Chegou o Entroido a aula de 4º de Primaria, os alumnos colorearon e recortaron caretas de paiasos e de ratiñas. A continuación podedes ver o ben que lle quedaron
Luis, Rubén, Silvia, Juan Alberto, o profe Pepe, Jaime e Marcos

Joel, Anabella, Alicia, o profe Borja, Mª José, Uxía e Jeni

Sarai, Alexandra, Jeiverson, Dylan e Alberto

Harry, Paquito, Juan e Ibu


Inti e Matías


miércoles, 14 de enero de 2015

Comunicado aos pais do segundo trimestre

Datas dos controis escritos

FEBREIRO: do 9 ao 13 e a revisión dos resultados o día 25 de febreiro ás 10 horas.

MARZO: do 16 ao 20 e a revisión dos resultados e a entrega de Notas Trimestrais o día 25 de marzo ás 10 horas.

Lembrámoslle que segundo o calendario escolar, os días 16,17 e 18 de febreiro (entroido) son días non lectivos.

As clases do 2º trimestre rematan o  27 de marzo do 2015. O terceiro trimestre comeza o día 7 de abril do 2015.