sábado, 25 de abril de 2015

II FESTIVAL DO LIBRO

Ó longo de toda esta semana que vimos de rematar, tivo lugar no noso centro a II edición do festival do libro. A través deste evento, preténdese fomentar nos nen@s o gusto pola lectura e a literatura. 

Dentro dos moitos eventos nos que participaron os nosos alumnos, tiveron a oportunidade de escribir un libro, titulado El Libro de los Sueños. Outra das actividades que realizaron foi a creación de marcapáxinas individualizados os cales, ben seguro despois deste festival, utilizarán a cotío nas súas casas.

A continuación deixámosvos algunhas imaxes destes días e o enlace á páxina oficial do festival na que poderendes atopar máis información relacionada co evento.

http://2festivaldellibropadrefeijoozorelle.blogspot.com.es/