viernes, 25 de abril de 2014

EXCURSIÓN Á RIBEIRA SACRA: PARADA DO SIL

O venres 11 de Abril os nosos alumnos de 3º e 4º de Primaria puideron gozar dun dos sitios máis fermosos da Galicia interior , como é a Ribeira Sacra.



O itinirario comezou pola mañá coa visita ó mosteiro de Sta. Cristina, no que destaca a capela románica que se atopa ó seu carón. Durante a andaina ata o mesmo, os alumnos gozaron das fermosas paisaxes que atesoura este lugar e puideron observar a beleza do canón do Sil. A continuación, dirixímonos ó mirador de Os  Torgás, onde se atopa o Pozo do Lobo, o cal representa a loita ancestral que mantiñan a especie humana e o lobo.




Despois dunha mañá moi axetreada, os nenos repuxeron forzas xantando nun albergue a carón do río Mao.

Xa pola tarde, fixemos unha marcha a carón do río Mao, na que 1,4 dos seus 3,15 Km.,  fanse por riba dunha pasarela de madeira. Nela pódense apreciar grandes rocas totalmente cubertas de musgo, árbores de tonos laranxas, marróns e verdes escuros, tamén totalmente cubertos polo musgo, e impoñentes desfiladoiros de forte pendente e de gran altura nalgúns puntos. Ao rematar, emprendemos o regreso ó colexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario